Amancio Prada
Página inicial > A > Amancio Prada > Adiós Ríos, Adiós Fontes

Adiós Ríos, Adiós Fontes

Amancio Prada


Adiós, ríos; adiós fontes
Adiós, regatos pequenos
Adiós, vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos

Miña terra, miña terra
Terra donde m' eu criey
Ortiña que quero tanto
Figueiriñas que prantey

Prados, ríos, arboredas
Pinares que move o vento
Paxariños piadores
Casiña do meu contento

Muíño dos castañares
Noites craras de luar
Campaniñas trimbadoras
Da igrexiña do lugar

Amoriñas das silveiras
Que eu lle daba ó meu amor
CamiñIños antre o millo
Adiós, para sempre adiós!

Adiós groria! adiós contento!
Deixo a casa onde nacín
Deixo a aldea que conozo
Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños
Deixo a veiga polo mar
Deixo, en fin, canto ben quero
Quén pudera non deixar... !

Adiós, adiós, que me vou
Herbiñas do camposanto
Donde meu pay se enterróu
Herbiñas que biquey tanto
Terriña que nos crióu

Xa se oyen lonxe, moy lonxe
As campanas do pomar
Para min, ay! coitadiño
Nunca máis han de tocar

Xa se oyen lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor
Voume soyo, sin arrimo
Miña terra, adiós! adiós!

¡adiós tamén, queridiña... !
¡adiós por sempre quizáis... !
Dígoche este adiós chorando
Dende a beiriña do mar

Non me olvides, queridiña
Si morro de soidás
Tantas légoas mar adentro
Miña casiña! meu lar!

Adiós, ríos; adiós fontes
Adiós, regatos pequenos
Adiós, vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos

Non sei cando nos veremos

Compositor: Rosalia de Castro

Letra enviada por André Souza

Encontrou algum erro na letra? Por favor, envie uma correção >

Compartilhe
esta música

Ouça estações relacionadas a Amancio Prada no Vagalume.FM
ESTAÇÕES