A xeito de cego veño a deci-lo que xa dixo o Tio Marcos da Portela polo primeiros de sigro. As miserias que pasamos os delores que sofrimos a emigración que nos mata e que nos tén consumidos. Esta falta de xusticia que nos ten aterecidos andando co pico aberto á esculca do grau de millo. Os aldaxes que nos fan-he na ciudade e no municipio O pagar coma empresarios para que outros se fagan ricos. O leite que nos mal pagan a venden a "trinaecinco" e por riba a democracia que hastra agora é un conto chino. As contribucioes que botan ó noso lombo os politicos as xogadas dos alcaldes que son xogadas de pícaro. Se pedimos que Galicia volva a te-lo seu esprito póñenno-la autonomía Os caciques son moi listos Debemos toma-lo a groma rirnos todos e mais rirnos Veña un trago compañeiros Se non hai pan... veña viño. Pedir pan, vitela e porco fora xa pedir de vicio pedir xusticia, bobada, pedir traballo, delirio. Pedir proteución ó aire, pedir cultura, un ripio, qué diaños hemos qué diaños hemos pedire? que nos rompan o bautismo?. Que pediremos entonces? Volvamos sobor do dito que Dios confunda os caciques raposas do municipio. que se lles tollan as maus que se lles eslombe o cernizo que unha cadela de frades lles esbure nos ouvidos Que se lles sequen os ollos que se lles pudra o figado que se lles solte o bandullo hastra enche-los calzoncillos. E nós, mentras, pra vengarnos das que nos fam, a cotío xordos pra tódalas queixas sempre berrando e sorrindo. Pois pensan que somos parvos pois coido que van fodidos! Todos xuntos compañeiros, anque chegue o sangue ó río! Mentras eles adoecen o se van co demo, a brincos, un día faremos festa, compañeiros... veña viño.