Fuxan Os Ventos

Cristobo

Fuxan Os Ventos


Verán un caso chocante
nas montañas do Cebreiro,
como unha nena ben feita
que casou con un gaiteiro.

El chamábase Cristobo
e un día vendeu a gaita,
enfadouselle a muller
seica lle facía falta.

Pois non te enfades muller
porque che vendín a gaita,
vendina por que era vella
e estaba toda estragada.


Pois boa cousa fixeche,
¡seica te tentou o demo!,
xa te podes marchar da casa
que eu sen gaita non te quero.

Ó outro día o Cristobo
veu ó escurecer pra casa,
saíulle a muller á porta
por ver se traía a gaita.

E en canto lle víu a nova
botoulle a man ó punteiro.
¡Esta si que é graciosa!,
tiruliru meu gaiteiro.

E a outra nena pasoulle
outro caso parecido
que casou cun rapaz
que sempre estaba dormido.

Tan pronto que se deitaba
xa se poñía a roncar
e ela desesperada
poñíase a rezar.

E así pasaron tres meses
sempre da mesma maneira
o rapaz ronca que ronca
a nena reza que reza.

Pero ó cabo deste tempo
a probiña da rapaza
psaoulle a man despaciño
e viu que non tiña nada

¡Vaia por Dios!, dixo ela,
que me vexo en bon apuro,
nunca pensei que houbera
homes tan probes no mundo.

Así que ¡ai rapaciás!
¡ai as que estades solteiras!
hai que rexistrar ós mozos
igual que ás vacas na feira.

Encontrou algum erro na letra? Por favor, envie uma correção >

Compartilhe
esta música

Ouça estações relacionadas a Fuxan Os Ventos no Vagalume.FM

Mais tocadas de Fuxan Os Ventos

ESTAÇÕES
ARTISTAS RELACIONADOS