Madrugada, o porto adormeceu, amor, a lúa abanea sobre as ondas piso espellos antes de que saia o sol na noite gardei a túa memoria.
Perderei outra vez a vida cando rompa a luz nos cons, perderei o día que aprendín a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar, perderei o día que aprendín a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar.
Veu o loito antes de vir o rumor, levouno a marea baixo a sombra. Barcos negros sulcan a mañá sen voz, as redes baleiras, sen gaivotas.
E dirán, contarán mentiras para ofrecerllas ao Patrón: quererán pechar cunhas moedas, quizais, os teus ollos abertos sobre o mar, quererán pechar cunhas moedas, quizais, os teus ollos abertos sobre o mar.
Madrugada, o porto despertou, amor, o reloxo do bar quedou varado na costeira muda da desolación. Non imos esquecer, nin perdoalo.
Volverei, volverei á vida cando rompa a luz nos cons porque nós arrancamos todo o orgullo do mar, non nos afundiremos nunca máis que na túa memoria xa non hai volta atrás: non nos humillaredes NUNCA MÁIS.
Compositor: Desconhecido no ECADIntérprete: Carlos Prieto Guijarro (Mohamed) (AIE)Publicado em 2011 e lançado em 2012 (23/Fev)ECAD verificado fonograma #6193093 em 15/Jun/2024 com dados da UBEM