Xordas fican as miñas orellas Cegos fican os meus ollos Eu que baixei, eu que baixei Coas meigas os bosques e alí escoitei
Xordas fican as miñas orellas Cegos fican os meus ollos Eu que subin o alto dos cumios E alí observei, ali observei
Óso e madeira, pedra e trisquel Coñecín os que moran no alto das árbores Os que corren espidos na neve do inverno Os que vagan nas sombras cantando unha canción
Óso e madeira, pedra e trisquel Coñecin os que rin en fronte o perigo Aqueles que poden agocharse baixo as pedras Tamén os que teñen lume nos ollos
Mais nada que facer, non comprenderei E aqui xacerei, durmirei