Como laboura a abella Zugando o mel pró alleo, Como na ovella infeliz Medra a lan para istrano leito, E o boi, xunguido ó arado Perpetúa o seu trafego, Arrecadando pró dono O pan que ofrecen os eidos, Así traballan de cote -parias de tódolos tempos- Os exércitos dos pobos, Os soldados verdadeiros.
Mentras na chouza indixente Rube unha oración ó ceo, Xuntando co esforzo a fé N-un porvir mais farturento, E o brazo do proletario Brega sin cesar a eito, Os apostados no mundo (eu non sei por qué decreto) Para irlles zugando o sudore Que outros van botando arreo, Non teñen mais inquedanza Que soster seus privilexios.
Defenden a lei vixente Que lles ampara o dereito Á folganza i- a sumire O sangue do pobo enteiro. (defenden a monarquía -anacrónico esperpento- Porque trai de longas épocas, Da lobregueza dos tempos, Unha tradición de aldraxes E unha historia de atropellos.) x2
Defenden a igrexa porque, Pervertídol- os conceutos -da mesma sorte que as almas, Secas diante o misterio- Da relixión fan peldaño Dos apetitos noxentos, E coidan qu'o cristianismo Naceu para meterlles medo Ós que arelando xusticia Van de cabeza ó inferno Si se negan a ser carne De cañón dos fariseos. Defenden a aristocracia (unha caterva de necios) Porque tódolos parásitos S'entenden entr'eles mesmos. Defenden a autoridade Porque nela ten sustento A transgresión qu-os validos Fan da lei e do dereito.
(e malia quen turbar ouse A ordre dos cimenterios!) x2